SEECGalicia

Certamen Ciceronianum

Dende 1980, SEEC Galicia participa neste concurso de tradución en Lingua Latina. Un xurado, nomeado pola sede central da SEEC, valora todos os exercicios enviados por todas as seccions para elixir o ganador da fase nacional. O premio consiste nunha bolsa de viaxe conxunta de 1000€ para alumno gañador e o seu profesor. Con este diñeiro sufragarán a inscripción, a viaxe e a asistencia á proba internacional do Certamen Ciceronianum que se celebra anualmente na cidade de Arpino (Italia).