Hai dúas fontes Unicode que veñen incorporadas con Windows XP ou con OFFICE XP (Arial Unicode MS e Palatino Linotype)
Para activa-lo controlador de grego clásico debemos facer o seguinte:
INICIO-CONFIGURACIÓN-PANEL DE CONTROL-CONFIGURACIÓN REGIONAL Y DE IDIOMA, na ventá que aparece pulsar sobre a pestana IDIOMAS, dentro dela pulsar no botón DETALLES, na seguinte ventá pulsar sobre o botón da parte dereita que di AGREGAR, e na nova ventá que sale AGREGAR IDIOMA DE ENTRADA, e que consta de dous rectángulos, no superior elexir na lista a opción GRIEGO, e na de abaixo a opción que di GRIEGO POLITÓNICO.
Despois ACEPTAR en tódalas ventás.
O resultado é que na parte inferior da pantalla, na barra azul, aparece un recadro que indica o idioma co que estamos a traballar, ES para español, e EL, se cambiamos a grego (se damos dous clicks nela teremos a opción de cambiar de idioma).
Así, cando queiramos escribir en grego en calquera programa (Hot Potatoes, Word), cambiamo-lo idioma picando no recadro citado.
Recordade que se queremos escribir en grego con tódolos acentos, etc, debemos elixir unha das fontes arriba indicada.
Picade aquí para baixar a plantilla do alfabeto grego e ve-la combinación de teclas.