try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Chiron en Compostela, último número da revista de SEECGalicia

portada_chiron_compostela.png

Presentamos o último número de Cuadernos de literatura griega y latina, a revista editada por SEECGalicia, co título Chiron en Compostela. Didáctica 2.0 para las lenguas y la cultura clásicas.
Trátase dun monográfico dedicado á aplicación educativa da Web 2.0 nos estudos clásicos. O volume, concebido a raíz do curso “Chiron 2.0: clásicas na aula” realizado en Santiago de Compostela (2008-2009), ofrece os siguientes artigos:

  • “Chiron: estudios clásicos en la web 2.0” por Sebastià Giralt,
  • “La mochila clásica” por Carlos Cabanillas,
  • “Taller de blogs” por Luis Inclán e Sergi Ferrús,
  • “Wikis, páginas web rápidas” por Ana Ovando e José M. Ciordia,
  • “Aulas virtuales” por Olga Díez e Álvaro P. Vilariño.

Todas as contribucións, escritas por membros de Chiron·Χείρων, pretenden conciliar a información técnica coa reflexión didáctica, sen alonxarse dunha orientación fundamentalmente práctica, de modo que sirvan de axuda ao profesorado que desexe introducirse ou profundizar no uso das TIC nas materias de clásicas.

O volume pódese descargar gratis en formato PDF dende aquí. Tamén é posible adquirir un exemplar en papel na editorial en líña Bubok.