try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Comezou o Festival de Lugo 2009

balbo_lugo_2009_01.jpg

Onte luns deu comezo o festival de teatro grecolatino Lugo 2009. Logo da entrega de premios do concurso Odisea, o Grupo Hypnos, do IES Francisco de los Ríos de Fernán Núñez, Córdoba, foi o encargado de abrir esta nova edición coa posta en escena das Bacantes de Eurípides e Lisístrata de Aristófanes.
Hoxe martes foi o turno do grupo Balbo, do Puerto de Santa María, Cádiz, con Antígona (Sófocles) e Mostellaria (Plauto).
Mañá mércores chega Prósopon, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, que representará As Nubes (Aristófanes) e Miles Gloriosus (Plauto).

Cursos de grego moderno

cursos_grego2009.png

A socia Carmen Riobó nos envía esta ligazón onde podedes atopar cursos de grego moderno organizados polo Centro de Cultura Helénica.

As SIGMAS CONFLICTIVAS de Vila-Real gañadoras da ODISEA 2009

Logo dunha final de infarto, e con empate a 26 puntos (ámbolos dous grupos fallaron a mesma pregunta e acertaron todas as demais: "Comedia cun tráxico como protagonista: RANAS"), ao final foron "seis minutos" os que decidiron o vencedor deste certame, o equipo SIGMAS CONFLICTIVAS, do IES Francesc Tàrrega de VILA-REAL. A nosa noraboa para Joel, Cristòfol e Saúl, e para a súa profesora Mª Teresa Beltrán Chabrera.

En segundo lugar quedan pois LOS SAPIENTÍSIMOS, do IES de Ames. Noraboa tamén para Valeria, Noa e Roque,  e para a súa profesora Margarita Olivar Roldán.

Recordamos aos grupos gañadores da fase Galega, LOS SAPIENTÍSIMOS e PIROTECNÍMATA do IES DE AMES, e SEQUERE ME do IES FONTEXERÍA DE MUROS, que están invitados á inauguración do festival de teatro grecolatino de Lugo 2009, que terá lugar o vindeiro luns 9 de marzo, ás 12:00 horas, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, onde se fará a entrega de premios de esta ODISEA 2009.

Xa só nos queda esperar para a edición 2010 da ODISEA o ano que vén. Ata entón.

ODISEA 2009: FINAL ESTATAL

Unha vez elevada a Definitiva a Calificación provisional dos grupos que realizaron a proba do desempate, entramos agora na fase final Estatal, onde o equipo campeón de Galicia vaise enfrontar ao campeón da comunidade Valenciana.

Será o vindeiro mércores 18 de febreiro, de 16:30 a 19:30 horas, cando terán que competir outra vez fronte a un novo "Preguntón".

Dende o IES Francesc Tàrrega de VILA-REAL teremos ao Grupo: SIGMAS CONFLICTIVAS, composto por Joel Gijón, Cristòfol Tripiana e Saúl Soler, baixo a direción da profesora Mª Teresa Beltrán Chabrera.

E dende o IES de AMES, estarán LOS SAPIENTÍSIMOS, con Valeria Dios, Noa Martínez e Roque Sampedro,  baixo a batuta da profesora Margarita Olivar Roldán.

Sorte e que gañe o mellor!

Resultado provisional desempate Odisea 2009

Onte vivimos unha apaixoante xornada nas sés de Coruña, Santiago, Bertamiráns e Vigo. Aínda que empezamos cunha caída inexplicable do servidor da Xunta de Galicia, xa que a páxina podíase ver correctamente fóra dos centros peron non nestes, máis ou menos ao cabo de media hora a situación normalizouse e todos os equipos puideron disputar o certame con normalidade.

Logo destes nervios inciais seguiron tres horas de intensa concentración, de buscas na rede e nos manuais, e ao remate estes foron os grupos que acadaron os tres primeiros postos:

Recordamos que para o terceiro posto aplicouse o disposto no punto XXI das bases:

"En caso de novo empate a puntos na disputa polo primeiro premio será o gañador o equipo que empregase menos tempo en responder a este “preguntón” de desempate, e con este mesmo criterio adxudicaranse o segundo e o terceiro premio se fose o caso."

Mañá elevarase a definitiva esta lista. O equipo gañador enfrontarase o vindeiro mércores 18 ao gañador de Valencia. 

Odisea 2009: Sés e normas para o desempate

Eliximos 3 localidades como sés para realizar este desempate: A Coruña, Santiago, Bertamiráns e Vigo.

O profesor responsabe de cada grupo deberá presentarse cos seus alumnos non centro que lle corresponda, un cuarto de hora antes do inicio da proba, para que nos dé tempo a entrar na aula, prender os ordenadores, etc.

Os equipos quedan adscritos como segue:

  • IES de Ames: sé IES de Ames, Bertamiráns.
  • IES Fontexería (Muros): sé IES de Ames, Bertamiráns
  • IES Salvador de Madariaga: sé IES Salvador de Madariaga (A Coruña)
  • IES Elviña: sé IES Salvador de Madariaga (A Coruña)
  • IES Agra de Leborís: sé IES Salvador de Madariaga (A Coruña)
  • IES de Melide: sé IES Eduardo Pondal (Santiago)
  • IES Eduardo Pondal: sé IES Eduardo Pondal (Santiago)
  • IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín): sé IES Eduardo Pondal (Santiago)
  • IES Valga: sé IES Eduardo Pondal (Santiago)
  • IES Carlos Casares (Vigo): IES Carlos Casares de Vigo
  • Colexio Divina Pastora (O Barco): IES Carlos Casares de Vigo

As preguntas sairán publicadas na web de SEECGalicia puntualmente ás 16:30. Cada centro elixido como sé garante que alomenos estará dispoñible un ordenador por equipo.

  • Os equipos poden levar os seus propios libros.
  • Os alumnos deberán acreditarse mediante DNI ante o responsable da organización.
  • Non poderán levar móvil, nin usar o correo-e.
  • Non poderán saír da aula onde se realice a proba.
  • O seu profesor responsable non poderá estar con eles na mesma aula.

Unha persoa da organización estará presente para coordinar esforzos e solucionar calquera problema. Esta persoa entregará in situ aos grupos uns novos códigos para poder respostar ás preguntas.

Sorte a tod@s!

Odisea 2009: Lista definitiva de grupos do desempate

Non habendo reclamacións, elevamos a definitiva a lista provisional de grupos que disputarán o desempate.

Os grupos clasificados recibirán un correo-E coas instrucións precisas para realizar a proba e o nome e enderezo do centro onde terán que acudir.

As poboacións elixidas son: A Coruña (IES Salvador de Madariaga, IES de Elviña), Santiago (IES Eduardo Pondal), Bertamiráns (IES de Ames) e Vigo (IES Carlos Casares).

Resultado provisional Odisea 2009

Publicamos o resultado provisional da primeira fase do concurso Odisea, onde 23 equipos quedaron empatados a 77 puntos, a máxima puntuación posible. A listaxe definitiva publicarase o luns.

Descarga dende aquí a listaxe de equipos en *.pdf.

O desempate terá lugar o vindeiro mércores 11 de febreiro, de 16:30 horas a 19:30 horas. A organización do concurso está nestes momentos barallando distintas posibilidades para o lugar de celebración, que se lle comunicará aos profesores responsables o máis pronto posible.

Grazas a todos pola vosa participación e sorte aos equipos que van ao desempate!

 

URXENTE ODISEA 2009!

Aviso a tódolos grupos: estamos revisando as clasificación ao detectarse varios erros na correción. Estade atentos á clasificación, que iremos actualizando ao longo de toda a mañá. Non dubidedes en escribirnos un correo ao detectar calquera anomalía.

Grazas a todos por participar e perdoade estas molestias,

Hoxe comeza o concurso Odisea 2009

Hoxe luns 2 de febreiro comeza a edición 2009 do concurso en liña ODISEA. Este ano serán 234 equipos procedentes de Ponte Carreira, Lugo, O Barco de Valdeorras, Santiago, A Coruña, Pobra de Trives, Cambre, Redondela, Xinzo de Limia, Ferrol, A Laracha, Lalín, Silleda, Carballo, Monforte, Ames, Moaña, Betanzos, Gondomar, Pontedeume, Vigo, Melide, Pontecaldelas, Muros, A Estrada, Cangas, Ordes, e Valga.

Dende aquí moita sorte a todos! 

Distribuir contido