try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Resposta da CIUG sobre as ponderacións. Escritos profesor Moralejo.

Logo das nosas xestións ante a CIUG recibimos a seguinte resposta en relación coas ponderacións da nova selectividade.

Asimesmo, o profesor Moralejo, coordinador de grego, enviou dous escritos ante a mesma, que podedes descargar dende aquí (primeiro escrito   /    addenda)

Ponderacións nova selectividade. Escrito ante a CIUG.

A CIUG fixo chegar a primeiros deste mes de xullo aos IES un documento sobre as ponderacións das materias propias de modalidade para as probas de acceso universitario do curso 2009-2010.

A Sección galega da SEEC dirixiu un escrito ao presidente da CIUG, o Sr. D.Manuel Bermejo, amosándolle a nosa protesta, con especial fincapé na mínima valoración que se fai do Grego, e solicitando unha entrevista.

Tamén informamos ao departamento de Latín e Grego da Facultade de Filoloxía da USC e lle solicitamos que, en canto lle  sexa posible, se pronuncie sobre este asunto e tome as iniciativas necesarias para que finalmente as linguas clásicas sexan valoradas correctamente en todas as titulacións da Facultade. Así o faremos con outras titulacións para as que pensamos que as linguas clásicas teñen un alto valor formativo.

Simposio "Traducir a los Clásicos". Madrid 26, 27 e 28 de novembro 2009.

A SEEC organiza este simposio que leva por título "Traducir a los Clásicos",  e que terá lugar en Madrid durante os días 26, 27 e 28 de novembro de 2009

Toda a información neste documento.

Premio da SEEC aos festivais de teatro de Lugo (Prósopon)

O venres 19 de xuño a Sociedad Española de Estudios Clásicos entregou a Prósopon o premio nacional á difusión dos estudos clásicos, pola organización dos festivales de teatro grecolatino que cada ano congregan a miles de mozos da ESO e bacharelato.
O acto, presidido pola viceconselleira de educación da comunidade de Madrid, Dna. Alicia Delibes Liniers, tivo lugar no Círculo das Artes de Madrid. O presidente da SEEC, Jaime Siles, entregou o diploma acreditativo a Cipriano Fontanilla, presidente nacional de Prósopon, en presenza dos representantes de todos os festivais e de membros das directivas de todas as seccións da SEEC. En representación do festival de Lugo acudiron Cecilia Criado e Teresa Amado.
Foron moitas as autoridades do Ministerio de Educaión presentes no acto: Dna. Carmen Maestre e D. José Luis de la Monja, presidenta e secretario do Consello Escolar do Estado, Dna. Milagros López Salvador, conselleira técnica de educación do Ministerio e D. Carlos Alberdi, vocal asesor da Secretaría do Estado de Educación, todos eles coñecedores e entusiastas seguidores do labor de Prósopon.
 
Na imaxe Teresa Amado, Cipriano Fontanilla, Jaime Siles e Cecilia Criado.

Novo premio para o grupo "Parrocha" e actuación no ArdeLucus 2009

"Las Troyanas", do grupo de teatro Parrocha, do IES Elviña, obtivo o Primeiro Premio, categoría xuvenil, no XII Certeme Candilejas Don Bosco, da Deputación da Coruña. A entrega de premios tivo lugar o pasado sábado día 20 de xuño no Colexio Calvo Sotelo da Coruña.

O próximo domingo 28, ás 21,30 da noite, na Praza de Santa Mª de Lugo, terá lugar a representación de LAS TROYANAS, no marco das festas romanas do ARDE LUCUS 2009.

Curso de verán de grego moderno en Compostela. Xullo 2009.

O Centro de Linguas Modernas da USC organiza un curso de grego moderno impartido polo profesor Sotiris Babajimopoulos. Terá lugar entre os días 13 e 24 de xullo, unha duración de 40 horas e un custo de 150€ (USC) ou 175€ (externos).

Nesta web tedes toda a información.

 

Terceiro Premio Nacional para o Grupo "Parrocha" do IES Elviña

O grupo de teatro PARROCHA, do IES ELVIÑA, coa súa montaxe teatral LAS TROYANAS, obtivo o TERCEIRO PREMIO na cuarta edición do CERTAME NACIONAL para grupos de teatro clásico grecolatino, convocado polo Ministerio de Educación.
Na fase final nacional celebrada o día 6 de xuño no recinto arqueolóxico de Segóbriga (as actuacións da tarde tiveron que facerse en Tarancón debido á choiva). O resultado global foi:

  • Primeiro Premio: grupo Helios, de Madrid
  • Segundo Premio: grupo In albis, de Sevilla
  • Terceiro Premio: grupo Parrocha
  • Cuarto Premio: Grupo Siberia Estremeña, de Badaxoz
  • Quinto Premio: grupo Komos, de Valencia

Con este premio, o IES ELVIÑA pasa a ser un dos centros máis galardoados de España dentro do TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO pois, ao TERCEIRO PREMIO desta edición hai que engadir os anteriores DOUS PRIMEIROS PREMIOS obtidos en 2006 e 2007, en tándem co IES PASEO DAS PONTES, co entón denominado grupo de teatro SARDIÑA.

Dende aquí, outra vez a nosa Noraboa ao seu director, Jesús Ricardo Martín.

O grupo de teatro "Parrocha", finalista dos Premios Buero

O grupo de teatro Parrocha, do IES Elviña da Coruña, recolleu onte nunha gala celebrada no teatro Principal de Santiago, o galardón outorgado polos premios Buero de Teatro xove como finalista da fase autonómica, coa súa obra "Las Troyanas" de Eurípides.

Asimesmo recibiu a mención especial pola mellor actriz, Tania García Caínzos. Dende aquí a nosa noraboa ao seu director Jesús Ricardo Martín Fernández.

Cancelada a actividade "Vinde ver os ceos dende Filoloxía"

Por mor das condicións meteorolóxicas vémonos na obriga de cancelar esta actividade prevista para hoxe, 3 de xuño, ás 22:30 horas.

Quizais sexa posible repetir a convocatoria a finais deste mes. Se fose así seredes informados puntualmente.

"Vide ver os ceos desde Filoloxía"

SeecGalicia en colaboración con "Astronomía na beirarrúa" (Vicerrreitoria de Cultura dá USC) e o Clube de Astronomía "Vega" de Santiago de Compostela, organiza a actividade "Vide ver os ceos desde Filoloxía" . Será o mércores 3 de xuño, no parking da Facultade de Filoloxía da USC, as 22.30 horas.
Veremos os ceos con telescopios, con visións espectaculares da Lúa, Saturno, etc... Explicaranse as constelacións visibles desde Compostela.
Se conseguimos a infraestrutura suficiente, haberá bebidas e refrescos para todos. Todo iso, está claro, SE O TEMPO O PERMITE. Pode vir todo o mundo que queira, profes con alumnos, fillos e demais familia.

Descarga o cartel da actividade en *.pdf.

Distribuir contido