try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Vólvese a abrir o prazo de preinscrición do curso Perfeccionamento Grego Moderno III

Informamos de que volvemos a abrir o prazo de inscrición no Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno III, pois aínda quedan prazas libres.
Volverá a estar activo o formulario da nosa páxina web para apuntarse ata o día 10 de novembro. Queda, por tanto, retrasado o prazo de matrícula ata novo aviso.

SEECGalicia organiza unha viaxe a Italia en febreiro de 2010

SEECGalicia, como fixera o ano pasado con Grecia, organiza para febreiro de 2010 unha viaxe a Italia para profesores e alumnos. Tratamos así de facer posible estas viaxes para o profesorado que non conta con suficiente número de alumnos.

Aquí tedes toda a información dispoñible ata o momento sobre a mesma.

Entre o 2 de novembro e o 27 de novembro estará operativo na WEB de SEECGalicia o formulario de inscrición.

 

Comeza o prazo de preinscrición para o curso de Iniciación á Metodoloxía Científica 2010

Dende hoxe, 15 de outubro, e ata o 15 de novembro, está aberta a preinscrición para o curso de Iniciación á Metodoloxía Científica.

A Delegación Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela

O curso busca pretende acadar unha axeitada actualización científica nas metodoloxías da investigación da área da Filoloxía Clásica, e asemade, ofrecer unha axeitada formación teórica e práctica para o desenvolvemento tanto de traballos científicos na área como para potenciar a autoformación dos profesionais de Latín e Grego, ofrecendo as ferramentas axeitadas e máis novedosas para a búsqueda de datos e actualización científica e académica. Máis información.

A defensa dos Estudos Clásicos en España: Galicia

Este é o título dunha serie de entradas que a web do Proxecto Chiron publicará regularmente nas próximas semanas.

A serie comeza cunha análisis da situación en Galicia, elaborada por membros da directiva de SEECGalicia. Podedes lela picando nesta ligazón.

O día 5 de outubro comeza a preinscrición do Curso de Grego Moderno 2010

Dende o día 5 de outubro de 2009, e ata o día 19 deste mesmo mes, podedes facer a vosa preinscrición no curso de Grego Moderno 2010 "Perfeccionamento III".
 
Pica nesta ligazón para cubrir o formulario ou para ler toda a información relativa ao mesmo.

En defensa do Grego e do Latín

A formación dunha plataforma na Comunidade valenciana para a defensa dos estudos de Latín e Grego é un capítulo máis na loita pola defensa das nosas especialidades.

Tamén en Cantabria, o sindicato independiente de funcionarios, CSI-F, avisa dos efectos negativos dos recortes económicos na calidade do ensino, facendo mención do denostado número mínimo de alumnos para a constitución de grupos de latín e grego.

Italia 2010: viaxe cultural organizada por SEECGalicia

Tal e como está programado nas actividades previstas para este curso 2009/2010, SEECGalicia iniciou os trámites para facer a viaxe cultural a Italia para profesores con alumnos: será durante a semana de Entroido (12-19 de febreiro de 2010). O plan xeral é viaxar a Roma, visitar os sitios máis representativos (Roma Clásica, Vaticano, Roma Renacentista...) e, desde Roma, viaxar a Pompeia e Florencia.
Nun mes sairá xa a convocatoria concreta cos prezos e as condicións da viaxe.

Carta masiva á Consellería

Despois de ter unha entrevista coa anterior sudirectora xeral de Ordenación Educativa, Mª Victoria Navaza, o curso pasado, agora propoñemos un modelo de carta dirixida ao Director Xeral de Educación, na que comunicamos as nosas reclamacións en relación cos seguintes puntos que, ao noso entender, supoñen un grave perxuizo na didáctica das Clásicas na ESO e no Bacharelato:

  • Modificación do número mínimo de alumnos para poder impartir na ESO as materias optativas (C. Clásica) e opcionais (Latín 4º).
  • Modificación do número mínimo de alumnos para poder impartir no Bacharelato materias propias de modalidade (Grego I e II, Latín I e II).
  • Supresión da obrigatoriedade da Historia do Mundo Contemporáneo (1º bacharelato) e Xeografía (2º de bacharelato).

Facemos un chamamento dende aquí para que quen estea de acordo co seu contido a envie á Conselleria, de xeito que esta reciba un número considerable de escritos coas nosas reivindicacións.
A finalidade desta iniciativa é conseguir chamar a atención cunha entrada masiva da mesma carta, con vistas a pedir unha nova entrevista co Director Xeral.

O enderezo da Consellería e o seguinte:

José Luis Mira Lema
Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela

Podedes enviar tamén un correo-e co mesmo texto a:

dxefpie@edu.xunta.es

Ponderacións nova selectividade. Asociación de profesores de economía.

A asociación galega de ensinantes de economía en secundaria, AGAEDES, fainos chegar un correo-e onde nos contan que non somos os únicos en "sufrir" as ponderacións para a nova selectividade. Así como o grego recibe un 0,1 para facer Filoloxía Clásica, tamén a súa disciplina é ponderada cun 0,1 mesmo para facer o propio grao de economía (fronte a un 0,2 que levan Química, Física, Bioloxía ou Xeoloxía).

Máis información na súa web.

Cambio na programación de grego curso 2009/2010

O coordinador para as probas de acceso á universidade no curso 2009/2010, Juan José Moralejo, realizou un cambio no programa de grego, para que a obra de lectura coincida coas representacións que terán lugar no festival de teatro grecolatino Lugo 2010, organizado por SEECGALICIA.

 Así pois a obra de lectura elixida, e que será representada en Lugo, será ASEMBLEÍSTAS ou ASEMBLEA DAS MULLERES, de Aristófanes.

Distribuir contido