try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Presentación da V edición do concurso Odisea

logo_odisea copia.gif

Un ano máis presentamos unha nova edición do concurso Odisea, a quinta, que contará de novo coa participación das Seccións da SEEC de Valencia e Alicante.

A inscrición dos equipos será ao longo do mes de xaneiro de 2010, e o concurso comezará na primeira semana de febreiro.

Estas son as bases e o calendario do concurso.

Chiron en Compostela, último número da revista de SEECGalicia

portada_chiron_compostela.png

Presentamos o último número de Cuadernos de literatura griega y latina, a revista editada por SEECGalicia, co título Chiron en Compostela. Didáctica 2.0 para las lenguas y la cultura clásicas.
Trátase dun monográfico dedicado á aplicación educativa da Web 2.0 nos estudos clásicos. O volume, concebido a raíz do curso “Chiron 2.0: clásicas na aula” realizado en Santiago de Compostela (2008-2009), ofrece os siguientes artigos:

  • “Chiron: estudios clásicos en la web 2.0” por Sebastià Giralt,
  • “La mochila clásica” por Carlos Cabanillas,
  • “Taller de blogs” por Luis Inclán e Sergi Ferrús,
  • “Wikis, páginas web rápidas” por Ana Ovando e José M. Ciordia,
  • “Aulas virtuales” por Olga Díez e Álvaro P. Vilariño.

Todas as contribucións, escritas por membros de Chiron·Χείρων, pretenden conciliar a información técnica coa reflexión didáctica, sen alonxarse dunha orientación fundamentalmente práctica, de modo que sirvan de axuda ao profesorado que desexe introducirse ou profundizar no uso das TIC nas materias de clásicas.

O volume pódese descargar gratis en formato PDF dende aquí. Tamén é posible adquirir un exemplar en papel na editorial en líña Bubok.

Proba internacional de grego

Publícanse as bases, os textos e a folla de inscrición da proba internacional de grego. A proba pode facerse en galego, tendo en conta que esas probas logo van ir a Grecia e non se pode asegurar que vaian entender ben o texto. Pero queda a responsabilidade de cada un. Se alguén está interesado, pode poñerse en contacto con nos e fixaremos un aula na facultade de filoloxía para realizar a proba na data prevista.

Master en Secundaria na USC

Neste arquivo atoparedes información sobre o listado de materias do Máster de Secundaria  en todos os itinerarios que se van impartir na Universidade de  Santiago.

"En cada itinerario hai dúas materias, na maioría dos casos, que  teñen en total 8 créditos, que denominamos "complementos".

  • Especialitdade de Ciencias: "La ciencia y su metodología para  profesorado de secundaria" e "Ciencias experimentales para  profesorado de ed. secundaria"
  • Itinerario de Matemáticas:  "La ciencia y su metolodolgía..." e  "Matemáticas para profesorado de ed. secundaria"
  • Ciencias Sociales: "Ciencias sociales y educación I e II"
  • Filosofía: "Filosofía y educación I e II"
  • Formación Profesional: "La formación profesional"
  • Linguas: La lengua y la literatura como saberes educativos" e "Bases  para la enseñanza y aprendizaje de las lenguas"
  • Artes: Música: Complementos de formación para la enseñanza de la música".

As restantes materias ou ben pertencen ao módulo xenérico, común a  todos os itinerarios, ou pentencen a itinerarios específicos e son  relativas á didáctica específica de cada itinerario.

Collatinus en galego

A piques xa de rematar este ano de 2009 recibimos unha proposta de traballo dende o noso colega e presidente de Chiron Carlos Cabanillas. Trátase de colaborar na tradución do vocabulario de Collatinus ao galego. Están xa en marcha outros grupos de traballo para traducilo ao castelán e ao catalán. A idea e poñer unha versión de Collatinus nun servidor de Educarex, ademais de ofrecer unha versión instalable.
Dende SEECGalicia queremos coordinar a tradución ao galego desta útil ferramenta para os nosos alumnos. Todo aquel interesado en participar pode facelo enviándonos un correo ao enderezo secretaria@seecgalicia.org, poñendo no Asunto "Proxecto Collatinus". Toda colaboración será benvida.
O traballo é moi fácil e non se necesitan coñecementos informáticos de ningún tipo. Traballarase sobre un ficheiro de texto. A idea e repartir o Vocabulario entre todos os colaboradores, de xeito que cada un traduza unha parte.

Precisamos da túa colaboración. Os outros grupos (castelán e catalán) xa están en marcha.

Nova colección de textos clásicos na Editorial Cátedra

O día 26 de novembro, no marco do Simposio “Traducir a los clásicos”, organizado pola SEEC na Fundación Pastor de Madrid, a editorial Cátedra presentou a súa nova colección Clásicos Linceo. Trátase de unha colección bilingüe de textos clásicos gregos e latinos, con moitas notas, a pé de páxina, relativas ó texto orixinal, nas que se afonda en cuestións gramaticais, históricas e culturais. A edición vai precedida dunha introdución sobre o autor e a obra e unha bibliografía básica e rematada cun comentario extenso que atende a cuenstións relacionadas coa estructura, intertextualidade, estilo, convencións literarias, etc. Ate o de agora saíron 4 volumes e os seus prezos oscilan entre os 10 e os 12 €. 

LISTADO DE PREINSCRITOS CURSO ACTUALIZACIÓN CIENTÍFICA ESTUDIOS CLÁSICOS

Tense solicitado a UXA a ampliación da matrícula ata os 33 alumnos. Coidamos que non vai haber problema para a concesión da mesma. 

Apelidos

Nome

1

Rodríguez Pérez

José Carlos

2

Fernández González

Lidia

3

VILARIÑO MATO

EVA MARÍA

4

Vila Perez

Oscar

5

BALO GARCÍA

SERGIO

6

PENELAS DEVESA

PATRICIA MARÍA

7

SILVA RODRÍGUEZ

MARÍA DEL CARMEN

8

RODRIGUEZ VILLAMARIN

TAMARA

9

PÉREZ PICALLO

JULIO

10

Moliner Santiago

Maria del Pilar

11

COUSELO FERNÁNDEZ

MARÍA DEL CARMEN

12

DÍAZ SALVADO

MARÍA ELENA

13

ESTEVEZ DIZ

MARíA AMELIA

14

Camino Plaza

Laura

15

Tembra Souto

Verónica

16

Canzobre Martínez

Isabel

17

González Carracedo

Ángela

18

Dubois Silva

Susana

19

Prieto Pardo

Sergio

20

Bolibar Chinchilla

Ana

21

Vélez Latorre

José Manuel

22

LÓPEZ SUÁREZ

MONTSERRAT

23

VARELA CES

MIRIAM

24

FARPóN ÁLVAREZ

MANUEL

25

Lozano Bernal

Ana del Carmen

26

HERNÁNDEZ SILVEIRA

ELOY

27

Sánchez Varela

Alba

28

Varela Rodríguez

Joel

29

Díaz Rifón

Mª del Carmen

30

boado quijano

mila

31

Pérez Pereira

Nuria

32

Seara Pazo

Margarita

33

Garcia Gonzalez

Helena

José Luis Moralejo, Premio Nacional de Traducción 2009 do Ministerio de Cultura.

José Luís Moralejo, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares, acaba de ser galardoado a finais da semana pasada co Premio Nacional á mellor tradución, outorgado polo Ministerio de Cultura. A obra premiada é Sátiras. Epístolas. Arte Poética de Horacio (Madrid, Gredos, 2008). Aínda que José Luís Moralejo non desenvolve a súa labor docente e investigadora en Galicia, conta con moitos amigos e colegas nestas terras. Por iso, SEECGalicia se suma agarimosamente ás múltiples felicitacións que ten recibido, e deséxalle novos éxitos e parabéns académicos e culturais.

Máis prazas para a viaxe a Italia 2010

Debido á avalancha de peticións para a Viaxe a Italia 2010, vémonos obrigados a abrir de novo o formulario de inscrición a día de hoxe (2-10-2009), aumentando o número de prazas dispoñibles ata 100 prazas.
Cando remate o período de inscrición decidiremos o número de prazas finais. A admisión de participantes farase pola data de entrada rexistrada no Formulario de inscrición.

Cambio no Programa do festival de Lugo 2010

Por causas alleas a SEECGalicia prodúcese un cambio no programa previsto para o festival de teatro de Lugo 2010.

O grupo Prosopon de Guitiriz causa baixa na edición deste ano, sendo substituído por unha nova función de Troianas, polo grupo Parrocha. Será o martes 9 de marzo ás 17:00 horas.

Distribuir contido