try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

LISTAXE PREINSCRITOS AO CURSO DE GREGO MODERNO I

Unha vez rematado o período de preinscrición publicamos a listaxe de alumnos admitidos.

RESERVAS TEATRO LUGO 2008

Recordamos que o prazo para realizar as reservas de entradas para o festival de teatro de Lugo comezará o día 21 de novembro de 2007 e rematará o 25 de xaneiro de 2008. Asi pois, nas datas anteriormente mencionadas, estará en funcionamento nesta web o correspondente formulario. Ata ese momento NON SERÁ POSIBLE EFECTUAR NINGUNHA RESERVA por ningún medio.

PROGRAMA DO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2008

A Delegación de Galicia da SEEC organiza por oitava vez o Festival de Teatro Grecolatino, que terá lugar en Lugo os días 3, 4, 5 e 6 de marzo de 2008.

CURSOS INTENSIVOS DE GREGO MODERNO EN MADRID

Descarga o documento adxunto en *.pdf que contén toda a información relativa aos mesmos.

III SIMPOSIO EXTREMEÑO DE ESTUDIOS CLÁSICOS

XXV años de Filología Clásica en Extremadura (1982/2007). En Cáceres e Mérida, os días 15, 16 17, 20 e 22 de novembro de 2007. Consulta o programa en *pdf.

PROXECTO CIRCE: ROMA 2008

O proxecto CIRCE, logo das súas convocatorias en Oxford 2006 e en Dinamarca 2007, convoca un novo curso sobre as TIC aplicadas ás ensinanzas clásicas, que terá lugar no mes de agosto do 2008 na Universidade Americana de Roma, en pleno Trastévere. Consulta o programa en *pdf.

ERRO NO PRIMEIRO DÍA DE PREINSCRICIÓN AO CURSO DE GREGO MODERNO

Debido a un erro na base de datos o primeiro día do prazo de preinscrición, rogamos consultedes a Listaxe seguinte para comprobar que a vosa solicitude foi cumprimentada correctamente. De non ser así volvede a inscribirvos.

CURSOS DA UNED 2007/2008

A UNED oferta unha serie de cursos de temática clásica para 2007/2008.

PUBLICACIÓN VOLUMEN VI DOS "CUADERNOS DE LITERATURA GRIEGA Y LATINA"

A Delegación Galega da SEEC vén de publicar o VI volumen da colección de "Cuadernos de Literatura Griega y Latina", que leva o título de PROYECCIÓN DE LA MITOLOGÍA GRECO-LATINA EN LAS LITERATURAS EUROPEAS. Pica na imaxe para ver o índice e acceder ao formulario de compra.

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NO CURSO DE GREGO

Hoxe luns comeza o prazo de pre-inscrición ao curso de Perfeccionamento de Grego Moderno I.
Acceso ao formulario.
Distribuir contido