try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

INSCRICIÓN GRUPOS ODISEA 2008

Dende hoxe, martes 8 de xaneiro de 2008, e ata o venres día 18 deste mesmo mes, comeza o prazo de inscrición dos equipos participantes na terceira edición do Concurso Odisea 2008, que se realizará cubrindo directamente este formulario web. Os equipos poderán estar formados por un máximo de tres membros e deberán contar cun profesor responsable, según consta nas bases e calendario.

CONVOCATORIA DO CONCURSO ODISEA 2008

logo_odisea copia.gif
A Delegación Galega da SEEC convoca a terceira edición do concurso Odisea 2008, que se celebrará durante os días 28 a 31 de xaneiro de 2008. Nesta nova andaina do certame quixemos incorporar as suxerencias feitas polos participantes na edición anterior, e ademais este ano contaremos coa edición valenciana do noso concurso. Descargar as bases e o calendario.

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE GRUPOS DE TEATRO GRECOLATINO

No BOE de hoxe martes 11 de decembro sae a convocatoria do concurso de grupos de teatro grecolatino no ámbito do ensino secundario.

ELECCIÓNS SEECGALICIA 2007/08

De conformidade cos Estatutos e o Regulamento da SEEC, convocáronse as eleccións á Xunta directiva da Delegación de Galicia, de acordo co seguinte calendario. A lista de socios elixibles e electores atópase exposta na sé da Delegación, Facultade de Filoloxía, 3ª planta, no taboleiro de anuncios próximo á sala 314.

REUNIÓN DE INVESTIGADORES NA USC

O Grupo de Investigación de Filoloxía Clásica da USC (GiFC) organiza, a partir de mañán e ata o venres, unha serie de conferencias na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Para máis información consultade a súa web.

XORNADAS DE HISTORIA ANTIGA EN FERROL

Os días 19 e 20 de Novembro tiveron lugan en Ferrol as Xornadas "Nuevas tendencias e investigaciones en Historia Antigua" organizadas polo Departamento de Historia Antiga da Universidade da Coruña na Facultade de Humanidades de Ferrol. Sentimos non ter informado antes dado o interese que presentaban para os membros da nosa sociedade e todos os interesados no mundo clásico.

VII PREMIO DE CULTURA CLÁSICA

A asociación de profesores de grego de Galicia, EPOS, convoca o VII concurso de Cultura Clásica para este curso 2007/08. A data final de entrega dos traballos será o 26 de abril de 2008. Para consultar as bases e descargar en PDF os folletos informativos visita a súa web.

COMEZA O PRAZO DE RESERVA DO FESTIVAL LUGO 2008

Dende hoxe pódese reservar praza para o festival de teatro de Lugo 2008. Acceso ao formulario

Conferencias na Facultade de Filoloxía

O grupo de investigación de Filoloxía Clásica do departamento de Latín e Grego acolle desde o 12 ó 17 de novembro a visita do profesor Christian Müller-Goldingen, da universidade de Dresde. O día 13, martes, pronunciará dúas conferencias ás que poderán asistir todos os que o desexen. Os títulos son os seguintes:
"Electre et Helène dans le Oreste d'Euripide", aula 24, ás 11:00
"Euripide et la philosophie de son temps", aula 12 ás 17:00

IFIXENIA EN ÁULIDE REPRESENTADA EN SANTIAGO

Ifixenia en Áulide en BonavalO grupo da Cañiza Arela das Artes, que participará no festival de teatro greco-latino de Lugo 2008, vén de representar no antigo cemiterio de Bonaval en Santiago, a traxedia "Ifixenia en Áulide", como recolle este artigo da edición local de Santiago da Voz de Galicia.
Distribuir contido