try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Odisea 2010

Entrega de premios Odisea 2010. 2º premio.

No marco da inauguración do Festival de Teatro grecolatino de Lugo, a
presidenta de SEECGalicia, Cecilia Criado, fixo entrega onte do segundo premio da fase galega do concurso Odisea 2010, ao grupo "LAS ALAS DE ÍCARO" (Noa, Roque e Valeria), do IES de Ames, acompañadas da súa profesora Margarita Olivar.
 

Entrega de premios Odisea 2010. 1º premio.

No marco da inauguración do Festival de Teatro grecolatino de Lugo, a presidenta de SEECGalicia, Cecilia Criado, fixo entrega onte do primeiro premio da fase galega, e do primeiro premio na fase estatal do concurso Odisea 2010, ao grupo "LAS ESCLAVAS DE DAVO" (Laura, Sara e María), do Colexio San José de Lugo, acompañadas da súa profesora Marisol López.
 

Clasificación Definitiva da Final Estatal do Concurso Odisea

Logo de que na tarde do mércores, dende Lugo e dende Elx, se disputase a fase Final Estatal do Concurso Odisea 2010, e tal e como se recolle nas bases, publicamos A CLASIFICACIÓN DEFINITIVA do mesmo.

Dende aquí a nosa Noraboa aos dous finalistas.

Hoxe, final Estatal da Odisea 2010

Hoxe celebramos a final Estatal do concurso Odisea. Preme aquí para entrar na páxina da final do Concurso.

Final da Odisea 2010

O vindeiro mércores 24 de febreiro celebrarase a tan esperada final da ODISEA 2010, que disputarán os equipos de LAS SUPLICANTES, do IES MISTERI D' ELX (ALACANT), vencedor na Comunidade Valenciana, e LAS ESCLAVAS DE DAVO, do COLEXIO SAN JOSÉ DE LUGO, equipo vencedor en Galicia, que concursará dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.

Dende SEECGalicia desexamos toda a sorte para os dous finalistas.

Clasificación definitiva da Fase Galega da ODISEA 2010

Tras atender as reclamacións, publicamos a listaxe definitiva coa clasificación final dos equipos participantes na fase galega da ODISEA 2010.

Recordamos que o vindeiro mércores, 24 de febreiro, terá lugar a FINAL Estatal, que disputarán o campeón de Galicia e o campeón da Comunidade Valenciana.

CLASIFICACIÓN FINAL ODISEA 2010 - FASE DE GALICIA

 

Pica aquí para ver o resto dos equipos

Listaxe definitiva desempate Odisea 2010

Unha vez atendidas as reclamacións, tal e como marcan as bases, pasamos a publicar a listaxe definitiva dos equipos que disputarán o desempate o vindeiro mércores 10 de febreiro e as sés respectivas que acollerán a proba. Son 30 equipos empatados a 79 puntos.

 

 

 

Récord de participación na ODISEA 2010

Na quinta edición do concurso acadamos unhas cifras que constitúen un novo récord de participación, tanto en Galicia como en Valencia. Estes son os números:

Galicia:

  • 290 equipos inscritos (aproximadamente 870 alumnos participantes)
  • 54 centros participantes

Comunidade Valenciana:

  • 308 equipos inscritos (aproximadamente 924 alumnos participantes)
  • 67 centros participantes

Comeza a inscrición de equipos na Odisea 2010

Mañá, luns 11 de xaneiro, comeza a inscrición dos equipos participantes no concurso en liña Odisea 2010.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados nos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia durante o curso 2009/2010, formando equipos de tres membros como máximo. Estes equipos deberán contar cun profesor ou profesora responsable. Un memso profesor poderá ser responsable de varios equipos.

A inscrición dos equipos realizarase entre os días 11 e 27 de xaneiro de 2010, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición directamente dende esta web de SeecGalicia. Unha vez cuberto, cada equipo recibirá no correo-E do profesor responsable unha clave para poder concursar.

Presentación da V edición do concurso Odisea

logo_odisea copia.gif

Un ano máis presentamos unha nova edición do concurso Odisea, a quinta, que contará de novo coa participación das Seccións da SEEC de Valencia e Alicante.

A inscrición dos equipos será ao longo do mes de xaneiro de 2010, e o concurso comezará na primeira semana de febreiro.

Estas son as bases e o calendario do concurso.

Distribuir contido