try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Novas

Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno III (2010)

A Delegación Galega da SEEC organiza este Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Este curso, concibido como continuación do anterior, "Curso de Perfeccionamento de Grego Moderno II", leva por título "Curso de Perfeccionamento do Grego Moderno III", e esperamos que sexa de interese para todos vós. A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que constará o recoñecemento -computable a efectos de administración autonómica- de 4 CRÉDITOS (40 horas). O número máximo de alumnos admitidos será de 35 e o prezo da matrícula 70 €.


O curso está pensado para o alumnado que teña superado o nivel de Perfeccionamento II ou para alumnado cun dominio elemental da lingua grega moderna, é dicir, de uso básico.

Os obxectivos do curso serán os de reforzar a comprensión oral e escrita, participando activamente en conversas en contextos cotiás, escribindo textos claros sobre diferentes temas de interés, coñecendo as referencias sociais fundamentais para a comprensión da vida actual en Grecia, así coma as súas principais claves históricas e culturais.

Cando remate o curso espérase que o alumnado acade unha competencia media que lle permita afrontar situacións habituais que requiran un intercambio de información de complexidade media, realizar tarefas comunicativas que impliquen o manexo das destrezas orais e escritas, comprender textos escritos de dificultade media e intervir en interaccións comunicativas normais con falantes nativos.

Nas primeiras clases a fin de repasar e fixar os conceptos do curso anterior, empregarase sobre todo o manual que estaba fixado para o nivel anterior (Επικοινωνήστε Ελληνικά 2). A partir dese momento o material será elaborado pola profesora que imparte o curso.

DATOS DO CURSO

  • Datas: dende o 29 de xaneiro ata o 30 de abril de 2010.
  • Horario: venres de 17.00 a 20.00 h.
  • Lugar: Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  • Créditos/horas: 4 créditos / 40 horas
  • Prezo: 70
  • Datas de preinscrición: do 5 ao 10 de novembro de 2009
  • Datas de matrícula: aprazado
  • Nº máximo de alumnos: 35
  • Requisitos de acceso: Estudantes,Diplomados e Licenciados
  • Criterios para a selección de aspirantes: Terase en conta a orden de presentación das solicitudes de admisión.

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

  • Datas de preinscrición: do 5 ao 10 de novembro de 2009
  • Datas de matrícula: aprazado

A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:

  1. A través do formulario da páxina web da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos, operativo a partir do 5 de outubro  (recomendado) Ir a Formulario.
  2. A través do correo electrónico da Secretaría da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos: secretaria@seecgalicia.org
  3. Por correo ordinario (só se non tedes correo electrónico) dirixido á sé da Secretaría da Delegación Galega da SEEC (Amelia Pereiro Pardo, Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  4. Formulario do Servizo de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na  web da Sección Galega da SEEC

A matricula formalizarase no prazo comprendido entre (por determinar) na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela).

Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC picando na ligazón anterior.

Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto coa codirectora do curso Maite Miñambres (tminambres@edu.xunta.es) ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es.

O importe da matrícula (70 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade.

 

Programa do festival de teatro grecolatino Lugo 2010

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2010

PROGRAMA E RESERVA DE PRAZA

Coordinadores: Ricardo Martín e Mª Teresa Amado
Lugar: Auditorio "Gustavo Freire" (Lugo)

Programa

8 de marzo, luns:

12:00 horas: Electra (Sófocles) (Grupo Párodos) (Talarrubias, Badajoz)

17:00 horas: Cásina (Plauto) (Grupo Párodos) (Talarrubias, Badajoz)

9 de marzo, martes:

12:00 horas: Asamblea de mujeres (Aristófanes) (Grupo Párodos)

17:00 horas: Troyanas (Eurípides) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

10 de marzo, mércores:

12:00 horas: Troyanas (Eurípides) (Plauto) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

17:00 horas: Gemelos (Plauto) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

  • RESERVAS: Cubrindo o seguinte Formulario (recomendado e operativo a partires do 16 de novembro para os socios e a partir do día 21 para todos os demais), ou enviando un fax ao 981 57 46 46 á atención de Teresa Amado (non se admitirán os envíos realizados antes dos prazos descritos anteriormente).
  • PRAZOS:
    • Socios de SEECGalicia: dende o día 16 de novembro en adiante.
    • Non socios: dende o 21 de novembro de 2008 ata o 25 de xaneiro de 2010.
  • Aportación por alumno e lugar de ingreso: Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela. Os profesores non pagan.
  • FOLLAS DE PAGAMENTO E XUSTIFICANTES DE INGRESO BANCARIO
    Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.
    Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de ingreso bancario non teñan sido recibidos nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.

    A folla de pagamento pódese descargar dende aquí en versión *.pdf para enviar por correo ordinario ou ben en versión *.doc (word) para enviala por correo-E como arquivo adxunto. Tamén se envía aos centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado.

    Xustificante de pago bancario: Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

    No caso de utilizar o correo Electrónico o enderezo é: secretaria@seecgalicia.org. (Aproveitade o mesmo envío para mandar a folla de pagamento e o xustificante de ingreso escaneado como arquivos adxuntos).

    Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.
  • ENVÍO DE OBRAS E ENTRADAS: A partir do 1 de febreiro de 2010

Contactos: Teresa Amado, tfn. 981 56 31 00, extensión 11888 (horario de lunes a venres de 11:00 a 12:00).

Visitas: En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Museo Porta Miñá. Casa dos mosaicos. Arredores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda e castro de Viladonga con museo didáctico.
Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61
Web do Concello de Lugo

Patrocina: Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC

CURRÍCULA dos grupos:

1.- Párodos:

  • 2006: TERCEIRO premio nacional con Aulularia
  • 2007: SEGUNDO premio nacional con Eunuco
  • 2008: PRIMEIRO premio nacional con Gorgojo
  • 2009: ACCESIT (4º premio) nacional con Gemelos

2.- COLECTIVO SARDIÑA (Sardiña-Parrocha)

  • 2006: PRIMEIRO premio nacional con Anfitrión
  • 2007: PRIMEIRO premio nacional con Gemelos
  • 2009 TERCEIRO premio nacional con Las Troyanas

 

Preinscrición no curso de Perfeccionamento de Grego Moderno II

Curso de PERFECCIONAMENTO DO GREGO MODERNO II

DATOS DO CURSO:

  • Datas: dende o 30 de xaneiro ata o 3 de abril de 2009.
  • Horario: venres de 17.00 a 20.00 h.
  • Lugar: Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  • Créditos/horas: 4 créditos / 40 horas
  • Prezo: 60
  • Datas de preinscrición: do 6 ao 20 de outubro de 2008
  • Datas de matrícula: do 3 ao 17 de novembro de 2008
  • Nº máximo de alumnos: 35
  • Requisitos de acceso: Licenciado
  • Criterios para a selección de aspirantes: Terán preferencia os que, cumplindo os requisitos anteriores, sexan socios da SOCIEDAD ESPAÑOLA DE ESTUDIOS CLÁSICOS. Terase en conta a orden de presentación das solicitudes de admisión.

Antes de cubrir o formulario consultar o Procedemento de PREINSCRIPCIÓN e MATRÍCULA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



Rematou o prazo de Preinscrición, polo que o formulario xa non está visible

I Xornadas de Didáctica das Linguas Clásicas

Dirixido ao profesorado de Latín, Grego e Cultura Clásica de ESO e Bachalerato. Duración: 30 horas. Datas: 8-20 novembro 2010 Horario: de luns a venres de 17 á 20 horas e sábados de 10 a 13 horas. Lugar: Facultade de Filoloxía de Santiago. Número de prazas: 30. Prezo: 30 Euros.
Máis información neste arquivo en pdf.

Curso de verán de grego moderno en Santiago

O Centro de Linguas modernas da USC convoca para este verán un curso intensivo  de grego moderno. Terá lugar en Santiago de Compostela e será dende o 12 ata o 23 de xullo.

Ademais das ligazóns tedes toda a información no teléfono 9816563100 Ext. 11757 Correo electrónico: clm@usc.es.

Clausura nacional dos festivais de Prósopon

A pasada fin de semana tivo lugar en Lugo a clausura nacional dos festivais de Prósopon, coa asistencia do representantes de toda España. O venres celebrouse a asemblea xeral, na que, entre outros puntos, acordouse nomear socios de honra a Dna. Milagros López Salvador, conselleira do MEC, a Dna. Dolores Vieiro Núñez, concelleira de educación e a D. Xosé Clemente López Orozco, alcalde do Exmo. Concello de Lugo, polo seu apoio en defensa dos festivais de teatro clásico. O sábado, invitados pola Deputación de Lugo, percorrimos a Ribeira Sacra, embarcando no catamarán de Belesar e, xa pola tarde, tivo lugar o acto oficial da clausura, que foi presidido polo alcalde. (pica en ler máis para seguir)

Clausura dos festivais de teatro grecolatino organizados por Prosopon

O vindeiro sábado 29 de maio terá lugar o Acto de Clausura dos festivais de teatro grecolatino organizados por Prosopon. Será ás 20:30 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti de Lugo.
 

Seminario Internacional "Y el mito se hizo poesía. Mitografía y Ovidio"

Organizado por María Consuelo Álvarez e Rosa María Iglesias, terá lugar en Murcia, durante os dias 25 e 26 de novembro de 2010, o Seminario Internacional "Y el mito se hizo poesía". Mitografía y Ovidio," que constitúe á vez a primeira reunión en España do Grupo Polymnia e é parte das actividades programadas pola Sección de Murcia da SEEC.
Mas información no arquivo adxunto.

Centauros de ouro 2010

aureus.png
Hoxe estamos de noraboa en SEECGalicia. O Portal web Chiron vén de nos conceder o centauro de ouro  2010 polo concurso Odisea, que organizamos xunto coas seccións da SEEC de Valencia-Castellón e Alacant. E ademais outro galardón recae nun blog de aula galego, o Viam stratam, dos alumnos "clásicos" do IES Manuel García Barros da Estrada.
Así rezaba a nova na súa web:
Un ano máis, coincidindo coa celebración do día de Internet (17 de maio), Chiron concede os seus Centauros de Ouro, a aqueles blogs de temática clásica, mantidos por alumnos, que constitúen un exemplo a seguir e un estímulo para fomentar o amor polo mundo grecorromano.
Nesta cuarta convocatoria, o Centauro de Ouro correspondeu aos blogs:
  • Viam stratam, blog de aula dos alumnos de clásicas do IES Manuel García Barros da Estrada (Pontevedra).
  • Lingua Mater, blog persoal de Elena Recio, alumna de 4º de ESO do Instituto Santiago Apóstolo de Almendralejo (Badaxoz).
Ademais, Chiron desexa tamén premiar iniciativas sobre o mundo clásico dirixidas a alumnos. E, para ese efecto, outorga tamén un Centauro de Ouro ao Concurso de Cultura Clásica Odisea, organizado polas seccións da SEEC en Galicia, Valencia-Castellón e Alacant, e que xa culminou a súa quinta edición, polo seu decidido empeño en promover o coñecemento da civilización grecorromana entre os alumnos de secundaria. Unha iniciativa que busca e está preparada para crecer e agrupar en próximas edicións a todas as comunidades que estean interesadas en participar.

"Astrofiloloxía. Vinde a ver os ceos míticos a Facultade de Filoloxía da USC"

astrofiloloxia-2010.jpg
A partir das 21.30 da noite do próximo martes 18 de maio a Sección Galega da SEEC (Sociedad Española de Estudios Clásicos) invítavos a "Astrofiloloxía. Vinde a ver os ceos míticos a Facultade de Filoloxía da USC". Para esta actividade contará coa inestimable axuda dos entusiastas compoñentes de "Astronomía na beirarrúa"; e de "Vega, Clube de Astronomía". Eles instalarán nas proximidades da Facultade os seus telescopios para que podamos ver o marabilloso ceo compostelán que está, como sabedes, cheo de mitoloxía.

Nesa data, no Sistema Solar teremos a Lúa, Venus, Marte e Saturno. Das Constelacions Zodiacais serán ben visíbeis Gemini, Cancer, Leo, Virgo e Libra e, das Constelacions Boreais, Ursae (Major et Minor), Boötes, Draco, Hercules, a Corona Borealis, Canes Venatici, Coma Berenices e Lyra coa estrela Vega. También estarán presentes esa noite no ceo Perseus, Cassiopeia, Cepheus, Corvus, Crater e Hydra. Estas últimas serán máis difíciles de ver dende a cidade por estar case no horizonte e, desafortunadamente, Andromeda atoparase xa por debaixo do horizonte.

Se nos da o seu consentimento Ernesto González Seoane, decano dá Facultade de Filoloxía, a cafetería permanecerá aberta para que podamos, por un intre, baixar dos ceos e tomar un festivo refrixerio.

Fará boa noite, así que no deixedes de vir. Todo o mundo será ben recibido, xa veñades sos ou cos vosos fillos, avós, pais ou parellas!!

Artigo aparecido no Correo Gallego (15/5/2010)

Achegámosvos unha imaxe do ceo previsto para o martes día 18, ás 22.30 h.

Distribuir contido