Sociedade Española de Estudios Clásicos. Delegación de Galicia

Curso de PERFECCIONAMENTO DO GREGO MODERNO I

A Delegación Galega da SEEC organiza un Curso de Formación Continua no ámbito dos cursos de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Este curso, concibido como continuación do anterior, leva por título “Curso de Perfeccionamento do Grego Moderno I”, e esperamos que sexa de interese para todos vós. A Sección de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela expedirá un diploma a cada alumno, no que constará o recoñecemento -computable a efectos de administración autonómica- de 4 CRÉDITOS (40 horas).

O número máximo de alumnos admitidos será de 35 e o prezo da matrícula 60 €.

Non é necesario ter feito o curso de Iniciación.

DATOS DO CURSO:

  • Lugar: Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).
  • Datas: dende o 25 de xaneiro ata o 9 de maio de 2008.
  • Horario: venres de 17.00 a 20.00 h.
  • Datas de preinscrición: do 2 ao 16 de outubro de 2007.
  • Datas de matrícula: do 22 ao 31 de outubro de 2007.

PROCEDEMENTO DE PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

A preinscrición poderá ser formalizada de calquera dos seguintes modos:

  1. A través do formulario da páxina web da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos: http://www.seecgalicia.org/ (recomendado)
  2. A través do correo electrónico da Secretaría da Delegación Galega da Sociedade de Estudios Clásicos: secretaria@seecgalicia.org
  3. Por correo ordinario (só se non tedes correo electrónico) dirixido á sé da Secretaría da Delegación Galega da SEEC (secretaria: Cecilia Criado. Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n. 15782 Santiago de Compostela).

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a lista de admitidos será publicada na páxina web da Delegación Galega da SEEC http://www.seecgalicia.org/

A matricula formalizarase no prazo comprendido entre o 22-10-2007 e o 31-10-2007 na Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC (Unidade de Xestión do Campus sur. Pavillón de Estudiantes. Campus Sur. Santiago de Compostela). Podedes descargar o formulario proporcionado pola USC.

Para calquera dúbida sobre cuestións relativas ás matrículas, poñédevos en contacto coa codirectora do curso Maite Miñambres tminambres@edu.xunta.es ou coa Sección de Posgrao: tfno. 981563100, ext. 14588; correo-E cptf@usc.es.

O importe da matrícula (60 €) deberá ser ingresado na conta bancaria indicada pola sección de Postgrao da Universidade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /usr/home/seecgalicia.org/web/2007/curso_grego_moderno.php on line 97 Warning: mysql_connect(): Access denied for user 'seecgali_seecga'@'localhost' (using password: YES) in /usr/home/seecgalicia.org/web/2007/curso_grego_moderno.php on line 97

Neste momento non está dispoñible a conexión coa base de datos
Intenteo noutro momento


Copyrigh @ 2004, Delegación Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos