try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Ampliado o prazo de inscrición no Concurso ODISEA

O prazo de inscrición de equipos para o concurso ODISEA 2012, amplíase ata o venres 3 de febreiro.

Bases e calendario

Eleccións SEECGalicia. Voto por correo.

Aqueles socios que queiran exercer ao seu dereito de voto por correo, deberán proceder da forma seguinte:

  • O elector deberá depositar a papeleta electoral nun sobre pechado, que deberá remitir por correo ordinario ao seguinte enderezo, onde quedará depositado ata o día da votación.
  • Deberá acompañar no mesmo sobre unha fotocopia do seu DNI.

ATT. Dep. Latín e Grego.
Álvaro P. Vilariño (Secretaría SEECGALICIA)
Facultade de Filoloxía
C/Avda. de Castelao, sn
15782 Santiago de Compostela (A Coruña)

pd: A papeleta pode descargarse dende aquí

Hoxe comeza a inscripción no concurso Odisea 2012

odisea_2012_blogs.jpg

Dende hoxe, e ata o día 25 deste mes, están abertos os formularios de inscrición do concurso odisea na páxina web do mesmo, http://www.odiseaconcurso.org

 Esperamos que este ano aumente a participación con respecto a anos pasados.

Proclamación definitiva candidaturas SEECGalicia 2012

Tal e como estipulaba o calendario electoral, procédese á proclamación definitiva de candidaturas á directiva de SEECGalicia.

Única candidatura presentada:

PRESIDENTE:

  • Cecilia Criado Boado

VICEPRESIDENTE:

  • Mª. Teresa Miñambres Gómez

SECRETARIO:

  • Juan Manuel Casal Vicente

TESOREIRA:

  • Teresa Amado Rodríguez

VOCAIS:

  • Fernando Domènech Rey
  • Miguel Anxo Meixueiro Rei

Proclamación provisional de candidaturas

Tal e como estipulaba o calendario electoral, procédese á proclamación de candidaturas á directiva de SEECGalicia. 

Unha vez rematado o prazo, a única candidatura presentada foi a seguinte:

PRESIDENTE:

  • Cecilia Criado Boado

VICEPRESIDENTE:

  • Mª. Teresa Miñambres Gómez

SECRETARIO:

  • Juan Manuel Casal Vicente

TESOREIRA:

  • Teresa Amado Rodríguez

VOCAIS:

  • Fernando Domènech Rey
  • Miguel Anxo Meixueiro Rei

 

Concurso Odisea 2012

odisea_2012_blogs.jpg
A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEEC) convoca a séptima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia.

Terá lugar entre os días 6 de febreiro e o 10 de febreiro (primeira fase), e os días 15-17 de febreiro e 29 febreiro-2 de marzo de 2012 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario.

Nesta edición volveremos a contar coa participación das seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, e por primeira vez participará no concurso Catalunya grazas á Associació de Professorat de Llengües Clàssiques (APLEC).
 
Visto o bo resultado da edición temática do ano pasado, nesta edición repetimos a experiencia. O tema que centrará o concurso será "as viaxes no mundo grecorromano". 

Proba nacional de grego 2012 organizada pola SEEC

Neste arquivo adxunto está toda a información sobre a proba Nacional de lingua e cultura grega organizada pola SEEC para alumnos de bacharelato e que terá lugar o vindeiro 20 de abril (na sección galega será na Facultade de Filoloxía de Santiago).

No documento están as bases, a folla de inscrición e un texto base para traballar nas aulas.

Premio da SEEC para a asociación Chiron

SEEC_logo.gif

A Sociedade Española de Estudos Clásicos concedeu á asociación Chiron o Premio á Promoción e Defensa dos Estudos Clásicos na súa IX edición polo traballo realizado a través deste espazo colaborativo en rede.

La SEEC ha decidido conceder este premio a la Asociación Chiron por la encomiable labor que está llevando a cabo a través del portal de Internet www.chironweb.org, que ha conseguido desarrollar un "proyecto colaborativo" que aúna los trabajos que los profesores de nuestras materias venían realizando de manera individual. El resultado ha sido la creación de un sitio web dedicado al Mundo Clásico, en el cual colaboran desinteresadamente centenares de personas y que ha generado una enorme ilusión y un inusitadamente fructífero intercambio de opiniones y experiencias entre profesores y alumnos de Griego, Latín y Cultura Clásica, y también entre quienes, en general, se interesan por la Antigüedad grecorromana. Se trata, en nuestra opinión, de una labor valiosísima, que ha alcanzado una difusión extraordinaria y ha generado entre nuestros docentes y alumnos una ilusión que consideramos muy importante para el futuro de nuestros estudios, y que está sirviendo también para poner de manifiesto el entusiasmo, la dedicación y la preparación de los profesores de Latín, Griego y Cultura Clásica. Queremos destacar igualmente el carácter innovador de la experiencia, que está sirviendo de modelo para otras áreas de conocimiento, en España y fuera de España.

Maís información na web de Chiron

Certamen ciceronianum 2012

Neste arquivo pódese atopar toda a información correspondente á proba do Certame Ciceroniano, que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro, ás 16:00 horas.
  1. Bases do Concurso
  2. Folla de Inscrición (que tedes que completar indicando o correo electrónico ao que vos deben facer chegar a folla)
  3. Corpus de textos sobre os que se traballará e de onde se extraerá a pasaxe da proba.

Eleccións SEECGalicia 2012

O dia 5 de decembro convócanse as eleccións dos cargos das xuntas directivas das delegacións da SEEC. Do 5 ao 20 de decembro é o prazo para a presentación de candidaturas. O censo electoral quedará exposto publicamente na sede da SEEC de Galicia, na Facultade de Filoloxía de Santiago. A continuación detallamos o calendario electoral. En arquivo adxunto, o regulamento do proceso electoral:
eleccións
 
Distribuir contido